PRESENTACIÓN




En tempos de crise e desencanto, as agrupacións culturais galegas Musiquina 33mg e O Reencanto producións, plantexan un  gran evento transformador e unificador para o audiovisual galego.

Vigo é a cidade máis habitada de Galiza e precisa dun festival con renome nacional e internacional. A primeira edición fomentará a existencia dunha plataforma galega do cine onde @s creador@s poderán exhibir as súas obras e optar aos galardóns segundo a súa categoría en competencia.

As nosas organizacións e veciñ@s da cidade consideramos que a esperanza, os soños e a ledicia son o camiño para construir un futuro mellor.


Entre as datas 30 de Maio e 2 de Xuño do 2012, celebrarase en Vigo a primeira edición do Festival Primavera do Cine en Vigo. Onde poderan participar todas as galegas e galegos cineastas e creadores audiovisuais que envíen as súas obras ao noso apartado de correos, e por suposto sexan seleccionadas para a competencia. Tamén optarán a concurso as obras de extranxeiros feitas na nosa terra.

Para coñecernos e para coñecervos sumaremos ao espazo cultural da nosa cidade a gran celebración dun festival de cine completiño; Longametraxes, Curtametraxes e Videoclips serán as categorías en competencia, e o xénero é libre (documentais, animacións, videoarte, ficcións...) sempre que cumprimenten as bases e nos envíen a ficha de inscripción e requerimentos antes do 25 de abril do presente ano ao noso apartado de correos.

Colabora co Festival

Entradas populares

Seguidores

Festival PRIMAVERA DO CINE EN VIGO

Primera edición del Festival Primavera de Cine en Vigo, Galicia 2012

Musiquina33g y El Reencanto. Con la tecnología de Blogger.